Eventos de El Corte Inglés A Coruña

DIA DAS LETRAS GALEGAS: SINATURA DE LIBROS DE SONIA GARCÍA en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: El 13 de maio
  • Horario: de 18:30 a 19:30
DIA DAS LETRAS GALEGAS: SINATURA DE LIBROS DE SONIA GARCÍA

El Corte Inglés e Ámbito Cultural súmanse un ano máis á conmemoración do 17 de maio, Día das Letras Galegas, poñendo en valor a cultura galega nos seus centros de Galicia. O acto terá lugar o 13 de maio, na libraría da planta 5ª do centro, ás 18.30 h.

Para festexar as nosas Letras, El Corte Inglés de A Coruña organiza a sinatura dos libros “O libro do Courel” e “A buraca das choias” da escritora coruñesa Sonia García.

Sonia María García García é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, especializada en Xeografía Aplicada.

A autora ten publicados os libros “O libro do Courel”, “Toca, o ouro da Gallaecia”, “Relatos de Candil”, “Un ano no Carballal" , “A buraca das choias”, e o libro infantil “Castañilandia”.

“O libro do Courel” é unha publicación de carácter divulgativo que condensa todos os valores histórico-culturais e paisaxísticos dos pobos da Serra do Courel. Afonda na relación dos seus habitantes co medio natural e pon de manifesto como este condicionou e determinou a súa economía e a súa cultura. Un traballo que rende homenaxe á montaña galega e ten por obxecto afondar no seu coñecemento polo gran público e promocionar os seus grandes atractivos como destino turístico de natureza.

“A buraca das choias” describe a fabulosa exploración da Buraca das Choias, na serra de O Courel, un dos máis importantes fitos da espeleoloxía en Galicia no últimos corenta anos. A Buraca dás Choias foi durante moito tempo “a cova desexada”. Varios grupos espeleolóxicos e de mergulladores tentaron penetrarse nas entrañas da montaña a través do ollo de fechadura que conforman os seus primeiros metros. Todo ía ben ata que chegaban a un túnel asolagado de apenas medio metro de altura e de forte pendente, que os antigos equipos de mergullo non permitían traspasar. En 2017 os espeleobuceadores do CDE Geoceanic conseguiron o que lle era negado á espeleoloxía tradicional, e a cova abriuse ante eles.

El Corte Inglés únese a esta celebración co fin de poñer en valor a cultura galega nos seus centros e fomentar a lectura en galego. 

Categorías: Cultura, Libros

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400