Eventos de El Corte Inglés A Coruña

PRESENTACIÓN LIBRO: “CONTRABIOGRAFÍA” DE XABIER LÓPEZ LÓPEZ en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: El 15 de maio
  • Horario: de 19:00 a 20:00
PRESENTACIÓN LIBRO: “CONTRABIOGRAFÍA” DE XABIER LÓPEZ LÓPEZ

O Corte Inglés e Ámbito Cultural súmanse un ano máis á conmemoración do 17 de maio, Día das Letras Galegas, poñendo en valor a cultura galega nos seus centros.

O 15 de maio, El Corte Inglés A Coruña festexará as nosas letras coa presentación do libro “Contrabiografía” de Xabier López López. O acto terá lugar na libraría da planta 5ª do centro, ás 19.00 h.

A obra

Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Everybody’s Autobiography, de Gertrude Stein, onde se nos ensinou que a mellor maneira de falar dun mesmo é falar deles, dos outros, daquelas persoas e espazos contra os que nos recortamos coma unha sombra.

O motor de Contrabiografía é unha navegación río arriba, unha pescuda das orixes da memoria familiar que —co pretexto de dar conta dunha vinganza, un asasinato, unha execución, unha historia real con trazas de traxedia grega— busca e recrea pontes, rías, pasadizos e viaxes de ida e volta, do golfo Ártabro a América, deste século aos séculos pasados, para, acaso sen pretendelo, descubrir que todo é estrañamente parecido ao que nos contaron.

O autor

Xabier López López é autor dunha extensa obra narrativa que inclúe novelas como Doutor Deus, A estraña estrella ou A vida que nos mata (Premio García Barros 2003).

No ámbito da literatura infanto-xuvenil, publicou, Biff, bang, ¡pow!, Cando Artur non era rei e O segredo da vella librería, entre outras.

As súas obras foron traducidas ao castelán, portugués, inglés, árabe e chinés, e recibiu diversas distincións, como o Premio Risco de Literatura Fantástica, o Xerais de novela, o Premio da Crítica Española o Lueiro Rey de novela curta e o Premio Juan March Cencillo de novela breve.

El Corte Inglés únese a esta celebración co fin de poñer en valor a cultura galega nos seus centros e fomentar a lectura en galego.

Categorías: Cultura, Libros

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400