Eventos de El Corte Inglés Vigo

Concurso de relatos "O sorriso que o cambiou todo" en El Corte Inglés Vigo

  • Data: Del 23 de abril al 23 de maio todos os días con apertura
  • Horario: de 12:00 a 22:00
Concurso de relatos "O sorriso que o cambiou todo"

Ámbito Cultural de El Corte Inglés en Galicia, con motivo do Día Internacional do Libro, pon en marcha o Certame de Relatos Curtos “O sorriso que todo o cambiou” coa colaboración da Asociación Galega de Escritores (AGER).

Co formato de microrrelato, os relatos, reais ou ficticios, rigorosamente inéditos, en galego ou castelán, cuxa extensión máxima sexa de 200 palabras que transmitan valores de cordialidade, respecto, solidariedade, xenerosidade, bondade... e cuxa mensaxe busque  xerar un impacto positivo.

El Corte Inglés, empresa comprometida coa cultura, quere con esta iniciativa compartir e achegar unha visión positiva das persoas e da vida, poñendo en valor os valores que contribúan a unha mellor convivencia, fomentan a empatía ou a tolerancia e o entendemento.

O certame está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos, con residencia legal en Galicia. O prazo de participación rematará o 23 de maio de 2024.

Te atreves? Ata 1000 euros en premios!

Consulta aquí as bases.

Categorías: Cultura, Libros

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: C1-L8-L13-L14-L17-L18-L23

Edificio 1

C/ Gran Vía, 25, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111

Edificio 2

C/ Gran Vía, 28, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111