Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela

Exposición de Picheleiras: O traxe tradicional nas terras de Compostela en El Corte Inglés Santiago de Compostela

  • Data: Del 11 de decembro al 7 de xaneiro todos os días con apertura
  • Horario: de 10:00 a 22:00
  • Prezo: 0.00 €
Exposición de Picheleiras: O traxe tradicional nas terras de Compostela

A Asociación do Traxe Galego pecha a conmemoración do seu 30º aniversario cunha mostra única adicada aos traxes de brillantes, xoias da indumentaria tradicional galega do século XIX.

A exposición estará aberta dende o 11 de decembro de 2025 ata o 7 de xaneiro de 2026, en horario comercial, na Sala de Ámbito Cultural, planta baixa, de El Corte Inglés de Santiago de Compostela.

Esta mostra ten como obxectivo dar a coñecer a roupa tradicional da comarca compostelá, con traxes únicos e representativos coñecidos como “traxes de brillantes”.

Santiago de Compostela, pola súa importancia cultural e relixiosa, foi sempre un centro fundamental para o comercio e a artesanía na Galicia dos séculos XVIII e XIX. O bordado picheleiro, que se traballaba directamente sobre o tecido, tiña que ser elaborado integramente nos obradoiros dos xastres locais, o que convertía este tipo de peza nunha das máis singulares da nosa indumentaria tradicional, un testemuño da mestría dos xastres e costureiras picheleiras.

Traxes destacados na exposición:

  • Traxe do Castiñeiriño – Bordados florais e combinación de abelorios negros, dourados e cobrizos. Réplica: Alberto Golpe.
  • Traxe da vila de Santiago – Utilizado no ‘disfraceo burgués’ a comezos do século XX. Réplica: Alberto Golpe.
  • Traxe de Compostela – Mandil con custodias, cáliz e espigas, símbolos relixiosos. Réplica: Alberto Golpe.
  • Traxe de Marrozos – Mandil en veludo negro con bordados en prata e claro de lúa. Réplica: Aurelio Gianzo.
  • Traxe de Figueiras – Mandil bordado en claro de lúa con cristais pequenos, usado en voda na década de 1880. Réplica: Alberto Golpe.
  • Traxe de home Picheleiro – Con alta monteira bordada, chaleco decorado e panos de namorar. Réplica: Alberto Golpe.
  • Traxe de home de Compostela – Baseado no cadro ‘Romaría’ de Ferros. Propiedade de Aurelio Gianzo.
  • Traxe dous arredores de Santiago – Inspirado no cadro ‘Saída de misa’ de Dionisio Ferros. Réplica: Alberto Golpe.
  • Traxe de Ponteulla (Lestedo) – Confeccionado en 1891 polo mestre xastre Manuel Ríos para unha voda en Lestedo. Réplica: Andrés Collantes.
  • Traxe de Arca (O Pino) – Mandil con bordados de silvas e trevos en cristais Bristol e claro de lúa. Réplica: Andrés Collantes.


 Achégache a visitala!

Categorías: Cultura

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 20:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,

Edificio 1

Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

981 527 200