Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela
Sinatura do novo libro de Amara Castro, "Hasta siempre, Malena Giestal". en El Corte Inglés Santiago de Compostela
- Data: El 3 de maio
- Horario: de 12:00 a 21:00

O sábado 3 de maio a escritora galega Amara Castro Cid regresa a El Corte Inglés de Santiago coa súa nova novela, Hasta siempre, Malena Giestal”.
Estará asinando exemplares na libraría, andar baixo, de 12 a 14 h. e de 17 a 21 h.
Recén publicada este mes de abril, a nova novela de Amara Castro lévanos ao seu Vigo natal, tocando temas como a identidade e a reconstrución persoal, a perda e a dor, as complexas relacións familiares, o amor e o desamor, o emprendemento e a superación persoal, as relacións e o equilibrio persoal.
Hasta siempre, Malena Giestal
En contra das expectativas familiares, a moza Malena Giestal decide abandonar os exames para poñer en marcha un negocio de fabricación de bolsos. Ao tomar medidas que a empurrarán ata os seus límites, descubrirá que, na adversidade, pode haber unha oportunidade para comezar de novo.
Cunha prosa viva, íntima e adictiva, Amara Castro Cid mergúllanos no Vigo actual, escenario dunha historia tan inquietante como esperanzadora.
Amara Castro Cid (Vigo, 1975) Licenciada en Xornalismo pola Universidade Pontificia de Salamanca e máster en Linguas Aplicadas pola Universidade de Évora, Portugal. A súa experiencia profesional combina a docencia, a tradución e o xornalismo. En canto á escritura, realizou cursos en Fuentetaja e na Escola de Escritores, e foi alumna do obradoiro de narrativa de Carlos Segovia.
A súa literatura caracterízase pola súa voz clara e sensible. Amara Castro Cid lévanos polas rúas de Vigo para coñecer as historias persoais de protagonistas resistentes.
A súa primeira novela, Con esto y un bizcocho, recibiu o Premio Círculo Rojo 2018. El tiempo suficiente publicouse en 2020, na colección Grandes Novelas de Edicións Maeva. En 2024 gañou o Premio Letrame pola súa novela Aquello que guardamos. Hasta siempre, Malena Giestal é a súa cuarta novela.
Ven coñecela e leva a casa a súa obra asinada. Agardámoste!
Categorías: Cultura, Libros