El Corte Inglés

Eventos en El Corte Inglés A Coruña

Calendario solidario Gatocan 2026

  • Ubicación:C/ Ramón y Cajal, 57, 15006 A Coruña
  • Data:
  • Horario:10:00 - 22:00
  • Acceso:Libre
Calendario solidario Gatocan 2026

El Corte Inglés A Coruña pon á venda o calendario solidario da Asociación Protectora de Animais Gatocan, que este ano contou coa participación da cantante Luz Casal, quen cede a súa imaxe de xeito altruísta para este proxecto en beneficio dos animais do refuxio.

O calendario, que supón unha das fontes de ingresos máis importantes para a entidade, pode adquirirse no departamento de Mascotas de El Corte Inglés A Coruña.

Esta iniciativa é fundamental para que a protectora, que en abril cumpriu 20 anos, poida continuar coa súa intensa actividade de protección animal, tanto no refuxio, onde acolle preto de 250 animais entre cans e gatos, como nos labores de concienciación e loita contra o maltrato animal.

20 ANOS DEDICADOS Á PROTECCIÓN ANIMAL

APA Gatocan, entidade declarada de utilidade pública no ano 2010, creouse oficialmente o 18 de abril de 2006. No seu refuxio, aberto desde 2008, viven preto de 250 cans e gatos aos que coidan ata conseguir que sexan adoptados.

Desde a súa creación, conseguiron que máis de 3.000 animais atopen unha familia, seguindo un protocolo serio de adopción que protexe o seu benestar presente e futuro.

As súas instalacións, de 17.000 metros cadrados, son únicas, xa que contan con recintos valados onde os gatos gozan de semiliberdade, cunha cabana para abeirarse e alimentarse, árbores polas que gabear e espazo para correr. Actualmente existen catro seccións de maternidade e sete recintos para gatos cunha extensión aproximada de 600 metros cadrados cada un.

A área canina dispón de catro áreas de maternidade, 34 canís e seis patios independentes cunha extensión de máis de 1.000 metros cadrados cada un, onde os cans se alternan nas súas quendas de paseo para que poidan pasar ao aire libre o maior tempo posible.

Gatocan quere expresar a súa gratitude pola solidariedade amosada por todas aquelas persoas que se ofreceron a apoiar esta iniciativa.

MÁIS INFORMACIÓN

Adquire o teu calendario solidario e axuda a Gatocan a seguir traballando polo benestar e a protección dos animais!

Categoría:NadalAcción solidaria

Non te perdas nada

Accede a promocións exclusivas, descontos e novidades