Cata de mel Melías: a esencia de Galicia nunha cullerada
- Ubicación:C/ Gran Vía, 25, 36203 Vigo, Pontevedra
- Data:
- Horario:19:00 - 20:00
- Acceso:Capacidade con reserva previa

CATA DE MEL MELÍAS: A ESENCIA DE GALICIA NUNHA CULLERADA
Descubre o fascinante mundo da apicultura e mergúllate nos aromas, sabores e matices dunha das xoias gastronómicas da nosa terra. Da man de Melías, produtores galegos especializados en mel de alta calidade, as persoas asistentes coñecerán a historia desta iniciativa, que naceu da paixón por aproveitar os recursos naturais de Galicia, combinando tradición e técnicas innovadoras para obter un produto auténtico e excepcional.
Durante a cata exploraranse as características visuais, olfactivas e gustativas de diferentes tipos de mel, aprendendo a identificar os seus principais atributos e a apreciar as particularidades que fan única cada variedade.
A experiencia completarase coa degustación do panettone artesanal de Melías, elaborado de xeito tradicional por mestres pasteleiros galegos con mel procedente dos colmeares da marca, situados en paraxes da costa galega. Un produto elaborado sen conservantes nin aditivos, que pon en valor a calidade das materias primas e o saber facer artesanal.
Unha experiencia sensorial para gozar dos sabores de Galicia, resolver dúbidas da man de expertos e achegarse a un dos produtos máis emblemáticos da nosa terra.
- A cata celebrarase o 15 de decembro, ás 19:00 h no reservado da terraza (pranta 7ª)
- As prazas son limitadas.
- As persoas interesadas deberán inscribirse en eventosvigo@elcorteingles.es, dende o 26 de novembro.