Eventos de El Corte Inglés A Coruña
CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS en El Corte Inglés A Coruña
- Data: El 16 de maio
- Horario: de 18:30 a 19:00

O 16 de maio, El Corte Inglés conmemora o Día das Letras Galegas co contacontos “Brunildo e Brunilda…”
O libro, escrito por Ánxela Gracián, preséntase como un álbum ilustrado a toda cor e en tapa dura, no que a ra Brunilda ten que abandonar o seu fogar coa súa nai porque a súa charca secou no verán.
A pequena protagonista terá que enfrontarse ao sentimento de perda dos seus compañeiros e adaptarse a un novo entorno. Unha soidade compartida por Brunildo, un novo amigo co que establece amizade sen sequera verse, pois sepáraos un muro, pero comparten moitas inquedanzas e ambos botan de menos o seu fogar e os seus amigos... os mesmos sentimentos e as mesmas paixóns fan que decidan quedar para verse en persoa e descubrir que en realidade son unha ra e un grilo... tan diferentes por fóra pero tan semellantes no seu interior.
Toda unha historia para que os cativos comprendan a importancia da adaptación, respecto e tolerancia.
Ánxela Gracián naceu na aldea de Gracián, Concello de Castroverde (Lugo). Estudou Filoloxía Galega en Santiago de Compostela e quedou a vivir na cidade de pedra, aínda que o seu concello permaneceu na súa memoria e a el volve sempre que pode.
Traballa no Servizo de Tradución da Xunta de Galicia. Tamén como tradutora literaria deu voz en galego a grandes escritores e escritoras nacionais e internacionais que admira.
Como escritora ten publicado poesía, narrativa e contos infantís. Entre as súas publicacións destacan: Cos petos cheos de cinza, Nun lugar chamado Labirinto, Chis Chisgarabís, Pinga de Choiva, Camiño Solitario, As bolboretas douradas, Xoaniña rei-rei, Eu tamén fun peliqueiro de Laza, Aniceta, A toupiña cegarata, Doce cartas a María Victoria Moreno, Gombó e a viaxe á lagoa, Gombó e o medo á escuridade, As voces da auga, Memoria iluminada e Paisaxes de pan.
O contacontos celebrarase ás 18.30 h, na librería infantil de El Corte Inglés de A Coruña (3ª planta)
As prazas son limitadas, ata completar aforo
As inscricións poden realizarse no correo eventosacoruna@elcorteingles.es
Categorías: Cultura, Libros, Nenos