Eventos de El Corte Inglés A Coruña

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ESPECTÁCULO INFANTIL 'O TRASNO DOS CONTOS' en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: El 15 de maio
  • Horario: de 18:30 a 19:15
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ESPECTÁCULO INFANTIL 'O TRASNO DOS CONTOS'

O 15 de maio, El Corte Inglés conmemora o Día das Letras Galegas co espectáculo O trasno dos contos, baseado na peza de teatro infantil A fada pirata de Carlos Labraña, na que se incide na paixón polos libros.

Din que existe unha illa perdida no medio do mar habitada por todo tipo de seres extraordinarios. Alí vive un trasno nunha cabana ao pé da praia. Todas as mañás sae co amencer na procura dalgunha lembranza que a marea deixase atrás, pero sempre volve a casa coas mans baleiras. Ata o día, que atopa varado no areal un cofre do tesouro, cheo de contos!!!

O contacontos celebrarase ás 18.30 h, na librería infantil de El Corte Inglés de A Coruña (3ª planta)

 

As prazas son limitadas, ata completar aforo

As inscricións poden realizarse no correo eventosacoruna@elcorteingles.es

Categorías: Cultura, Libros, Nenos

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400