Eventos de El Corte Inglés A Coruña
INSCRICIÓNS XIII 'ANDAINA SOLIDARIA A CORUÑA EN MARCHA CONTRA O CANCRO' en El Corte Inglés A Coruña
- Data: Del 16 de abril al 24 de maio todos os días con apertura
- Horario: de 10:00 a 22:00
- Prezo: 5.00 - 10.00 €
A Asociación Española Contra o Cancro – Xunta Provincial da Coruña organiza a XIII edición da 'andaina solidaria A Coruña en Marcha contra o cancro'..
Un evento solidario para recadar fondos para unirnos polos miles de pacientes, polas familias, pola investigación e por un futuro cheo de esperanza...
E ti, por quen te moves? Non perdas este evento solidario!
DÍA: 24 de maio
SAÍDA: ás 10.00 h na Porta Real avenida da Mariña, en dirección á Autoridade Portuaria, avanzando polo entorno do Parrote e bordeando a zona portuaria. A ruta continúa polo vial que rodea o porto deportivo e a zona do Hospital Abente e Lago, enlazando co Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez.
De eseguido, o trazado seguirá pola fachada marítima en dirección á zona do Matadero e a Hípica, punto no que se realizará o retorno.
Dende aí, comezará o regreso polo mesmo percorrido, novamente polo Paseo Marítimo, a zona portuaria e o Parrote, ata alcanzar a meta en Porta Real.
INSCRICIÓNS
A inscrición presencial poderá realizarse, no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de A Coruña, do 16 de abril ata o 21 de maio.
CUOTA INSCRICIÓN
Carreiras Menores (ata 12 anos) 5€
Carreira Adultos 10€
Ven celebrar un día coa túa familia, amigos, veciños ou mesmo coa túa mascota para apoiar a loita contra o cancro.
Ademais da andaina solidaria, teremos diversas actividades deportivas para todas as idades, obradoiros para os máis pequenos, sorteos de premios e máis sorpresas!
Máis información: Bases
Os fondos recadados nesta iniciativa irán destinados á investigación oncolóxica e a ofrecer os programas e servizos gratuítos da Asociación española Contra o Cancro en A Coruña.
Categorías: Deporte, Acción solidaria, Saúde
Como chegar
Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa
- En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A