O Nadal soa con Presto Vivace
- Ubicación:C/ Ramón y Cajal, 57, 15006 A Coruña
- Data:
- Horario:19:00 - 20:00
- Acceso:Libre

O Nadal soa con Presto Vivace
🎶🎄⛄ O vindeiro 18 de decembro, El Corte Inglés de A Coruña acollerá a Gala de Nadal 2026 de Presto Vivace, unha cita moi especial na que participarán máis de 65 alumnos e alumnas da súa Escola de Música e Baile e do Conservatorio Profesional.
🎶 O espectáculo reunirá nenos, nenas e mozos de entre 8 e 18 anos, que ofrecerán un variado repertorio inspirado na temática do Nadal, combinando panxoliñas tradicionais con temas actuais moi coñecidos do panorama musical nacional e internacional.
🎄 Durante a gala, o público poderá gozar das actuacións do tradicional Coro de Voces Brancas do Conservatorio Presto Vivace, así como de solistas que amosarán o seu talento vocal e de diferentes grupos de baile moderno, que sorprenderán con orixinais coreografías cheas de enerxía, maxia e dinamismo.
⛄ Unha proposta artística para toda a familia que encherá a cidade de música, danza e espírito do Nadal nestas datas tan especiais.
👉👉 A actuación terá lugar na praza da Cubela, ás 19:00 h.