El Corte Inglés

Eventos en El Corte Inglés A Coruña

Obradoiro «Bólas de Nadal»

  • Ubicación:C/ Ramón y Cajal, 57, 15006 A Coruña
  • Data:
  • Horario:18:00 - 19:00
  • Acceso:Libre
Obradoiro «Bólas de Nadal»

O Nadal é unha época chea de ilusión, creatividade e momentos especiais en familia. Por iso, El Corte Inglés A Coruña invita os máis pequenos a participar no obradoiro «Bólas de Nadal», unha actividade na que poderán deseñar os seus propios adornos para a árbore de Nadal.

O obradoiro celebrarase o 29 de decembro, a partir das 18:00 horas, na 3.ª planta de El Corte Inglés A Coruña, e está dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos.

Durante a actividade, cada participante terá a oportunidade de deseñar e decorar as súas propias bólas de Nadal, dando renda solta á súa imaxinación para crear adornos únicos e personalizados cos que darlle un toque especial á árbore da casa.

Unha proposta perfecta para gozar da creatividade, compartir a ilusión destas datas e levar para a casa unha decoración de Nadal feita por eles mesmos.

Inscricións e prazas

Ven cos máis pequenos da casa e goza dunha tarde chea de creatividade e espírito do Nadal!

Categoría:NenosNadal

Non te perdas nada

Accede a promocións exclusivas, descontos e novidades