Eventos de El Corte Inglés A Coruña

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: TALLER “CANTARES MIÚDOS” en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: El 21 de maio
  • Horario: de 18:30 a 19:00
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: TALLER “CANTARES MIÚDOS”

O 21 de maio, El Corte Inglés conmemora o Día das Letras Galegas co taller “Cantares miúdos”.

Os nenos que asistan poderán escoitar marabillosas historias sobre Rosalía de Castro e pintar algunhas das ilustracións que recolle o libro.

“Cantares Miúdos” é unha recompilación dos Poemas de Rosalía de Castro, realizada por Rita Bugallo, con ilustracións de Andrea López e que está editado pola Fundación Rosalía de Castro.

Rosalía tamén foi nena, unha nena que lía e escoitaba polas mañás as cancións coas que a súa nai espertábaa. Este libro contén algúns dos seus poemas para ler, cantar e soñar todo un mundo a través dos seus versos.

 

O contacontos dirixido a nenos de 4º a 6º  de primaria, celebrarase ás 18.30 h, na librería infantil de El Corte Inglés de A Coruña (3ª planta)

As prazas son limitadas, ata completar aforo

As inscricións poden realizarse no correo eventosacoruna@elcorteingles.es

 

Fundación Rosalía de Castro é unha organización de interese galego que ten como finalidade fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; conservar o conxunto de Casa-Museo de Rosalía; conservar e incrementar o patrimonio rosaliano dispoñéndoo da mellor maneira para que poida ser contemplado e estudado; coidar do Mausoleo de Rosalía sito en San Domingos de Bonaval; e celebrar actos en conmemoración das datas rosalianas (23 de febreiro e 15 de xullo) así como o 25 de xullo en Santiago de Compostela.

Categorías: Cultura, Libros, Nenos

Como chegar

Pechado Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400