Visita das Personaxes do Nadal
- Ubicación:C/ Ramón y Cajal, 57, 15006 A Coruña
- Data:
- Horario:18:00 - 19:00
- Acceso:Libre

Conta unha antiga lenda que, cada ano, cando se achega a noite máis máxica do Nadal, os Reis Magos confían unha misión moi especial aos seus cinco paxes máis extraordinarios: os Gardiáns da Luz. Estes cinco personaxes pertencen a un reino máxico onde se custodian pequenas estrelas capaces de gardar os desexos, os soños e a ilusión das persoas. Cada un deles leva unha esfera luminosa, unha estrela máxica que contén unha parte da enerxía necesaria para guiar as Súas Maxestades na súa longa viaxe.
Pero este ano, a misión é aínda máis importante: antes de que chegue a noite de Reis, deben conseguir que a luz da ilusión brille con máis forza ca nunca. Para logralo, os cinco Gardiáns emprenden unha viaxe moi especial por El Corte Inglés levando consigo as súas esferas máxicas, compartindo a súa enerxía e contaxiando a emoción dos días previos á chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar.
A cita, o 4 de xaneiro, a partir das 18.00 horas, será unha experiencia única que encherá de cor e emoción a xornada, convertendo cada espazo nun escenario onde a maxia cobrará vida.
Gústanos o Nadal e queremos compartilo contigo!