Eventos de El Corte Inglés A Coruña

Volta ao cole solidaria con Cáritas en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: Del 28 de xullo al 20 de setembro todos os días con apertura
  • Horario: de 10:22 a 22:00
Volta ao cole solidaria con Cáritas

Cáritas Interparroquial de A Coruña puxo en marcha unha campaña para poder axudar a todas esas familias que non poden facer fronte aos gastos do comezo do novo curso.

Ata o 20 de setembro, El Corte Inglés vai colaborar con esta iniciativa solidaria. Poderás facer a túa achega económica nos departamentos de volta ao cole (librería, papelería e uniformes) do noso centro. Coa devandita achega económica, Cáritas adquirirá material escolar en función das súas necesidades.

A túa axuda dará apoio a familias da cidade con fillos en idade escolar que non contan con axuda pública para este fin. El Corte Inglés realizará unha achega adicional equivalente ao 10% da recadación obtida.

A solidariedade demostrada desde que Cáritas A Coruña lanzou esta iniciativa no 2017, fixo posible dotar de artigos imprescindibles para o curso escolar ás familias. Cáritas pretendeu con esta axuda completar a dotación de libros de texto e de material escolar básico do Fondo Solidario, con calzado, roupa de deporte, mandilóns, estoxos, mochilas e material escolar complementario.

Non dubides en participar nesta campaña de Cáritas! Os nenos meréceno.

Categorías: Acción solidaria

Como chegar

Pechado Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400