Eventos de El Corte Inglés Vigo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: OBRADOIRO “CANTARES MIÚDOS” en El Corte Inglés Vigo

  • Data: El 14 de maio
  • Horario: de 18:30 a 19:30
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: OBRADOIRO “CANTARES MIÚDOS”

O 14 de maio, El Corte Inglés conmemora o Día das Letras Galegas co obradoiro “Cantares miúdos”.

Os nenos e nenas que asistan poderán escoitar marabillosas historias sobre Rosalía de Castro e pintar algunhas das ilustracións que inclúe o libro.

“Cantares Miúdos” é unha recompilación dos Poemas de Rosalía de Castro, realizado por Rita Bugallo, con ilustracións de Andrea López e publicado pola Fundación Rosalía de Castro.

Rosalía tamén era nena, unha nena que lía e escoitaba as cancións coas que a súa nai a espertaba polas mañás. Este libro contén algúns dos seus poemas para ler, cantar e soñar un mundo enteiro a través dos seus versos.

  • A sesión de contacontos, dirixida a nenos de 4o a 6o de Primaria, terá lugar ás 18:30 horas. na libraría do Corte Inglés de Vigo (5o andar).
  • As prazas son limitadas, ata completar aforo.
  • As inscricións pódense realizar no correo electrónico eventosvigo@elcorteingles.es

 

A Fundación Rosalía de Castro é unha entidade de interese galego que ten como finalidade promover e difundir o culto á memoria de Rosalía, Manuel Murguía e os seus fillos; preservar o conxunto Casa-Museo de Rosalía; conservar e poñer en valor o patrimonio de Rosalía poñéndoo á súa disposición da mellor maneira posible para que poida ser contemplado e estudado; coidar o Mausoleo de Rosalía situado en Sano Domingos de Bonaval; e realizar actos conmemorativos das datas rosalianas (23 de febreiro e 15 de xullo) así como o 25 de xullo en Santiago de Compostela

Categorías: Cultura, Música, Libros, Nenos

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: C1-L8-L13-L14-L17-L18-L23

Edificio 1

C/ Gran Vía, 25, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111

Edificio 2

C/ Gran Vía, 28, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111