El Corte Inglés

Eventos en El Corte Inglés Vigo

Sinatura do libro 'A boa morte' de Pedro Feijoo

  • Ubicación:C/ Gran Vía, 25, 36203 Vigo, Pontevedra
  • Data:
  • Horario:18:00 - 19:00
  • Acceso:Libre
Sinatura do libro 'A boa morte' de Pedro Feijoo

Sinatura do libro “A boa morte”

  • 19 de decembro
  • 18.00 h
  • Libraría, planta 5ª

Tras o éxito de Un lume azul e Onde nacen as bestas, Pedro Feijoo inspírase para este escuro thriller nunha das lendas máis arrepiantes do norte: a historia das acabadoras do Sil, esas mulleres donas da boa morte.

Entre as impoñentes paisaxes da Ribeira Sacra agóchanse algunhas historias que non se contan… nin se deben contar. Historias de silencios, violencia e dor.

Con só uns días de diferenza, dous homes apareceron mortos na zona. Todo apunta a que se trata de simples accidentes; porén, un dos veciños está convencido de que detrás se agocha algo máis.

O inspector Mateo Romano será o encargado da investigación, aínda que iso supoña regresar ao lugar do que un día fuxiu e enfrontarse a un pasado que cría soterrado: un pai co que apenas fala, un antigo amor que deixou feridas abertas e, sobre todo, os segredos e as antigas lendas que nin sequera o bruar do canón do Sil conseguiu calar.

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa primeira novela, Os fillos do mar, foi un auténtico fenómeno literario en Galicia, finalista do Premio Xerais de Novela 2011 e gañadora do Premio San Clemente 2014. Os fillos do lume retoma o seu personaxe principal e supón a consolidación de Feijoo como un dos autores máis lidos de Galicia. En 2020 publica Un lume azul; Ninguén contará a verdade, galardoada co Premio Xerais de Novela en 2023, e Onde nacen as bestas en 2025.

Categoría:CulturaLibros

Non te perdas nada

Accede a promocións exclusivas, descontos e novidades