Xeladería: Bico de Xeado
Hostalería
Bico de Xeado é unha marca galega de xeados artesáns que xurdiu da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña. Elabora os seus xeados con leite A2A2 procedente das súas propias granxas de vacas Jersey e controla todo o proceso —desde a orixe das materias primas ata o produto final— para garantir unha oferta 100 % natural.
Todos os seus xeados son sen glute, e a gama de produtos tamén inclúe opcións sen lactosa e sen azucres engadidos. O seu método de elaboración artesá, unido á calidade do leite e dos ingredientes, dá como resultado unha textura excepcionalmente cremosa e un sabor auténtico. Actualmente, Bico de Xeado conta con máis de 50 puntos de venda en toda España e segue a achegar o sabor auténtico de Galicia a novos consumidores mediante unha proposta que combina tradición, innovación e produtos da máxima calidade nutricional.
Nos espazos pop-up de El Corte Inglés, os visitantes poden degustar os xeados alí mesmo ou levalos para a casa. Tamén poden descubrir algúns dos sabores máis *gourmet* da marca e unha colaboración especial con Sargadelos: unha colección exclusiva que une dúas iconas galegas para celebrar a artesanía, o deseño e o patrimonio.