Volver ao centro

Financiamento: El Corte Inglés

Outros servizos

Financiamento: El Corte Inglés

Para que poidas comprar canto desexes e no momento que máis che conveña, sen necesidade de levar diñeiro encima El Corte Inglés por medio de Financeira El Corte Inglés E.F.C., S.A. ofréceche a posibilidade de realizar compras a prazos na maioría dos departamentos dos nosos Centros Comerciais (fogar, xoiería, pel, etc ...). Só necesitas saber o número de meses nos que desexas aprazar a túa compra (máximo 36 meses) e ter en conta que o importe mínimo do recibo mensual para calquera adiamento é de 30,00 Euros. Neste tipo de operacións o tipo de interese nominal anual é do 18% (19,56% T.A.E). Os gastos de xestión das operacións a tres meses varían en función do importe de compra. Tamén debes ter en conta que podes cancelar en calquera momento o contrato de venda a prazos ou modificar o importe dos recibos. Diso informaranche no teléfono 901 122 122 ou no Departamento de Servizo de Atención ao Cliente de calquera dos nosos Centros Comerciais.