Isabel Blanco firma o seu libro “Galegas nas artes”
Pontevedra
Isabel Blanco firma o seu libro “Galegas nas artes” no El Corte Inglés Vigo
- Finalizado
- das 19:00 às 20:00

A Loja
El Corte Inglés Vigo

Edificio 1
- Localização
- C/ Gran Vía 25, Vigo,Pontevedra
- Telefone
- 986 415 111
Edificio 2
- Localização
- C/ Gran Vía, 28, 36203 Vigo, Pontevedra
- Telefone
- 986 415 111
Horário Aberto hoje das 10:00 às 22:00
Horários detalhados e feriados
Como Chegar
- De autocarro
- Líneas: C1-L8-L13-L14-L17-L18-L23
Descrição
A avogada viguesa Isabel Blanco firmará o seu novo libro “Galegas nas artes” o mércoles 14 de decembro ás 19,00 h na libraría, planta 5ª de El Corte Inglés.
Un percorrido polas rutas biográficas de 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais: fotógrafas, pintoras e escultoras —nacidas entre o final do século XIX e a metade do século XX—, que se internaron no eido das artes coa forza do seu talento e o seu espírito de liberdade.
Isabel Blanco (Vigo, 1962)
Tras gañar diferentes concursos literarios, en 2012 publicou o seu primeiro libro de relatos, Historias de almas inquietas (Belagua, 2015), ao que lle seguiron Los mundos ajenos (Belagua, 2015) e o poemario en galego Verbas cum (Belagua, 2015) ilustrado pola artista Irene Silva Xiráldez.
É autora, ademais, da biografía novelada María Vinyals, un talento rebelde (Belagua, 2018); coautora, xunto á ilustradora Luz Beloso, da colección Rosaura (Belagua, 2018) de álbumes ilustrados infantís (As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz).
A súa última obra é Galegas na ciencia (Belagua, 2021), ilustrado por María Lapido.
Licenciada en Dereito, exerce en Vigo como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.
Categorias: Livros