Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela

Obradoiro de escritura creativa Fuentetaja en El Corte Inglés Santiago de Compostela

  • Data: Del 8 de marzo al 21 de xuño mensualmente
  • Horario: de 17:30 a 19:30
  • Prezo: 335.00 - 335.00 €
Obradoiro de escritura creativa Fuentetaja

Fuentetaja chega a Santiago grazas a Ámbito Cultural El Corte Inglés, dándonos a oportunidade de iniciarnos na escritura creativa. O espazo da Área Cultural, situado na planta baixa de El Corte Inglés de Santiago de Compostela, será o lugar que fomentará a creatividade, para que os participantes exploren o seu potencial creativo e perfeccionen a súa capacidade de escritura.

Os obradoiros comezarán o venres 8 de marzo e prolongaranse ata xuño. Con 4 meses de duración, as clases desenvolveranse durante dúas horas, de 17.30 a 19.30 horas, os venres cada quince días. O obradoiro adaptarase ao nivel de cada participante e baséase en axudar a que cada persoa atope e desenvolva a súa propia voz, probando diferentes rexistros.

A coordinadora destes obradoiros é Carla Gil de Biedma, que tras anos de experiencia como xornalista e editora de revistas decide dedicarse á docencia de Lingua e Literatura Españolas e á escritura, con especial interese no ámbito do teatro poético. Actualmente traballa no ensino secundario público e imparte clases no Máster Universitario de Creación Poesía de Fuentetaja.

Fuentetaja é recoñecida como unha institución líder na promoción e ensino da escritura creativa cuxa orixe se remonta a 1985. Cunha ampla experiencia no ámbito da pedagoxía da escritura.

A escritura creativa vai en aumento, atréveste a espertar o escritor que está dentro de ti?

*Información e custo da inscrición: https://fuentetajaliteraria.com/talleres/taller-de-escritura-creativa-quincenal-santiago/.

Categorías: Cultura

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,

Edificio 1

Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

981 527 200