Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela

Sinatura do novo libro de Pedro Feijóo "Onde nacen as bestas" en El Corte Inglés Santiago de Compostela

  • Data: El 27 de xuño
  • Horario: de 19:00 a 20:00
  • Prezo: 0.00 €
Sinatura do novo libro de Pedro Feijóo "Onde nacen as bestas"

Pedro Feijóo asinará o venres 27 de xuño, ás 19.00 horas, exemplares do seu novo libro “Onde nacen as bestas” na libraría El Corte Inglés Santiago de Compostela, situada na planta baixa.

Pedro Feijoo mergúllanos nunha historia de violencia ancestral, silencios familiares e identidades ocultas.

Un thriller apaixonante que explora os recunchos máis escuros da natureza humana, onde todos gardamos os nosos segredos e nada é o que parece.

Sinopse

Entre o lume do val e a néboa das montañas, algo se move nas profundidades da Galicia máis feroz e brutal. Unha macabra serie de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, coma un segredo compartido en voz baixa, un medo comezará a estenderse entre os rumores: "Volta ou desfaite de..."

É unha novela sobre o lado salvaxe do noso propio ser, onde a montaña configura as personalidades dos seus habitantes e a compaixón pode desaparecer en calquera momento.

Unha historia cunha atmosfera densa e inquietante, onde as fronteiras entre o cotián e o imaxinario se cruzan e mestúranse ata que se fai imposible distinguir o que é real do que é lenda.

Sobre Pedro Feijóo

Pedro Feijoo (Vigo, 1975), licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é escritor e músico. A súa primeira novela, "Os fillos do mar", foi un verdadeiro fenómeno literario en Galicia, finalista do Premio Xerais de Novela 2011 e gañadora do Premio San Clemente 2014. En ‘Os fillos do lume’ volve ao seu personaxe principal e consolida a Feijoo como un dos autores máis lidos en Galicia. Publicou cinco novelas máis, a última das cales, "A Blue Fire", foi publicada en 2020.

«Ninguén dirá a verdade» foi galardoado co Premio Xerais de Novela 2023.

Ven o noso centro e lévate o seu libro asinado!

Categorías: Cultura, Libros

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,

Edificio 1

Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

981 527 200