Eventos de El Corte Inglés A Coruña

MEDIA MARATÓN C21 - INSCRICIÓNS en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: Del 12 de xaneiro al 20 de febreiro todos os días con apertura
  • Horario: de 10:00 a 22:00
MEDIA MARATÓN C21 - INSCRICIÓNS

A Federación Galega de Atletismo e o Concello de A Coruña organizan a XVIII Media Maratón Coruña 21.

A proba, incluída no calendario oficial de competición da FGA e da RFEA (Real Federación Española de Atletismo), terá lugar o 1 de marzo, nun percorrido completamente urbano, cunha distancia certificada de 21.097,50 metros.

INSCRICIÓNS

A inscrición presencial poderá realizarse ata o 20 de febreiro no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de A Coruña.

  • A cota é de 20 € ata o 8 de febreiro e de 30 € do 8 ao 20 de febreiro.
  • Os maiores de 65 anos, os titulares do carné xove e as persoas desempregadas terán un desconto do 50 %.

CATEGORÍAS (homes e mulleres)

-  Sub-20, nados en 2007 e 2008

-  Sub-23, nados en 2004, 2005 e 2006

-  Sénior, nados a partir de 2003 ata a categoría Máster

-  Máster 1: de 35 a 39 anos o día da proba

-  Máster 2: de 40 a 44 anos o día da proba

-  Máster 3: de 45 a 49 anos o día da proba

-  Máster 4: de 50 a 54 anos o día da proba

-  Máster 5: de 55 a 59 anos o día da proba

-  Máster 6: de 60 a 64 anos o día da proba

-  Máster 7: de 65 anos ou máis o día da proba

-  Atletas con discapacidade*: nados en 2007 e anteriores

*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para os atletas con discapacidade:

A) Atletas en cadeira de rodas sen dispositivos de asistencia nin engrenaxes. Só se permite a propulsión do brazo mediante o pasamáns conectado á roda. Non se permiten handbike.

B) Discapacidades visuais

C) Discapacidades intelectuais
 

CARREIRA 5K

  • A inscrición presencial tamén está dispoñible ata o 20 de febreiro no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de A Coruña.

  • A cota é de 5 € ata o 7 de febreiro e de 8 € do 8 ao 20 de febreiro.

 

Regulamento oficial en Media maratón C21

Categorías: Deporte

Como chegar

Pechado Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400