Eventos de El Corte Inglés Vigo
Conmemoración do Día das Letras Galegas 2026 en El Corte Inglés Vigo
- Data: El 13 de maio
- Horario: de 10:30 a 11:30
El Corte Inglés Vigo, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2026 adicado a Begoña Caamaño, organiza unha actividade dirixida ao público escolar centrada na figura e na obra da autora homenaxeada.
O encontro terá lugar o mércores 13 de maio de 2026, ás 10:30 horas, na libraría de El Corte Inglés Vigo e contará coa participación do alumnado dun centro escolar da cidade.
A actividade estará a cargo do escritor Ramón Nicolás, autor do libro “A nena que perdeu un zapato na lama. Begoña Caamaño no Calvario vigués (1964–1976)”, con ilustracións de Carlos Gallego.
A partir da infancia de Begoña Caamaño no barrio vigués do Calvario, o autor ofrecerá unha charla na que achegará ao público a súa traxectoria vital e literaria.
Trátase dunha obra singular que mixtura memoria, biografía, historia e ficción, construída a través da voz de Morgana, que permite reconstruír e reivindicar os primeiros anos da autora.
Un relato que conecta infancia, territorio e formación persoal e que axuda a comprender algunhas das claves da escritora protagonista das Letras Galegas 2026.
Sobre Ramón Nicolás
Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é profesor, crítico literario e escritor, colaborador habitual en distintos medios de comunicación e autor de novelas e ensaios de referencia no ámbito da literatura galega.
As ilustracións do libro son de Carlos Gallego (Santiago de Compostela, 1994), ilustrador especializado no ámbito infantil e xuvenil cunha destacada traxectoria en publicacións literarias e divulgativas.
Unha proposta cultural e educativa impulsada por El Corte Inglés, en colaboración con Galaxia, para fomentar a lectura en lingua galega e achegar ás novas xeracións a figura de Begoña Caamaño.
Ler en galego é celebrar Galicia.
Categorías: Cultura, Libros, Nenos
Como chegar
Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa
- En bus: Líneas: C1-L8-L13-L14-L17-L18-L23