Eventos de El Corte Inglés Vigo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: TALLER “CANTARES MIÚDOS” en El Corte Inglés Vigo

  • Data: El 14 de maio
  • Horario: de 18:30 a 19:30
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: TALLER “CANTARES MIÚDOS”

El Corte Inglés conmemora o Día das Letras Galegas organizando varios actos.

  • 14 de maio terá lugar o obradoiro “Cantares miúdos”.

Os nenos que asistan poderán escoitar marabillosas historias sobre Rosalía de Castro e pintar algunhas das ilustracións que recolle o libro.

“Cantares Miúdos” é unha recompilación dos Poemas de Rosalía de Castro, realizada por Rita Bugallo, con ilustracións de Andrea López e que está editado pola Fundación Rosalía de Castro.

Rosalía tamén foi nena, unha nena que lía e escoitaba polas mañás as cancións coas que a súa nai espertábaa. Este libro contén algúns dos seus poemas para ler, cantar e soñar todo un mundo a través dos seus versos.

O contacontos dirixido a nenos de 4º a 6º  de primaria, celebrarase ás 18:30 h, na librería do Corte Inglés de de Vigo (5ª planta)

As prazas son limitadas, ata completar aforo

As inscricións poden realizarse no correo eventosvigo@elcorteingles.es

 

Fundación Rosalía de Castro é unha organización de interese galego que ten como finalidade fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; conservar o conxunto de Casa-Museo de Rosalía; conservar e incrementar o patrimonio rosaliano dispoñéndoo da mellor maneira para que poida ser contemplado e estudado; coidar do Mausoleo de Rosalía sito en San Domingos de Bonaval; e celebrar actos en conmemoración das datas rosalianas (23 de febreiro e 15 de xullo) así como o 25 de xullo en Santiago de Compostela.

Categorías: Cultura, Libros, Nenos

Como chegar

Pechado Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: C1-L8-L13-L14-L17-L18-L23

Edificio 1

C/ Gran Vía, 25, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111

Edificio 2

C/ Gran Vía, 28, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111