Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela
Segunda sesión do Club de Lectura da Sala de Ámbito Cultural en El Corte Inglés Santiago de Compostela
- Data: El 20 de maio
- Horario: de 19:00 a 20:00
- Prezo: 0.00 €
O Club de lectura Ámbito Cultural Santiago celebra a súa segunda sesión como unha proposta cultural destinada a fomentar a lectura, crear comunidade e achegar a literatura contemporánea á cidadanía. Trátase dun club de carácter mensual que contará de forma estable coa participación de autoras e autores de actualidade, cuxas obras se publican tanto en galego como en castelán.
Nesta ocasión, o encontro xira arredor da novela “Asasinato no muíño do cura” (Galaxia) / “Asesinato en el molino del cura” (Lumen), da escritora Arantza Portabales, unha das autoras clave da novela negra galega contemporánea.
A sesión contará coa presenza da propia autora, que participará nun encontro aberto co público para dialogar sobre a obra, as súas personaxes e as claves do universo narrativo que inaugura a saga “Os crimes de Loeiro”, protagonizada pola detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo. Un crime silenciado desde 1984, un pacto de silencio entre veciños e un final trepidante articulan unha historia marcada pola memoria, a violencia soterrada e a procura da verdade.
O Club de lectura Ámbito Cultural Santiago está moderado polo historiador e divulgador Miguel García‑Fernández, @lectureo (As Guístolas, 1988), investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC–Xunta de Galicia), especializado en historia medieval e historia das mulleres, e un dos mediadores de lectura máis activos do panorama cultural galego, tanto dentro como fóra das redes sociais. A súa experiencia e capacidade de mediación converten cada sesión nun espazo de conversa rigoroso, dinámico e accesible.
O Club de lectura Ámbito Cultural Santiago busca consolidarse como un referente cultural en Santiago de Compostela, aberto a lectoras e lectores de todos os perfís, a través de encontros participativos, análises literarias e propostas adaptadas á realidade cultural actual.
Información do evento
- 📅 mércores, 20 de maio
- ⏰ 19:00 horas
- 📍 Sala de Ámbito Cultural – El Corte Inglés de Santiago de Compostela
- 📩 Reserva de praza: ambitoculturalsantiago@elcorteingles.es
Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Agardámoste!
Categorías: Cultura, Libros
Como chegar
Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa
- En bus: Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,