Eventos de El Corte Inglés A Coruña

El Corte Inglés e o Concello da Coruña únense para reducir o uso de plásticos na noite de San Xoán. Fai coa túa bolsa de cartón coa imaxe da campaña en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: Del 22 de xuño al 23 de xuño todos os días con apertura
  • Horario: de 10:00 a 22:00
El Corte Inglés e o Concello da Coruña únense para reducir o uso de plásticos na noite de San Xoán. Fai coa túa bolsa de cartón coa imaxe da campaña

El Corte Inglés e o Concello da Coruña únense para concienciar á cidadanía sobre a redución do uso de plásticos na noite de San Xoán.

Cada ano, na noite de San Xoán, as praias de Riazor, Orzán e Matadoiro acollen preto de 100.000 persoas que fan cacharelas, barbacoas, sardiñadas e se xuntan arredor do lume. Isto provoca que ao día seguinte se recollan toneladas de residuos, a maioría dos cales quedan depositados na area.

O Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, impulsa un ano máis a campaña “San Xoán é a praia. Coidáa”, que ten como obxectivo reducir o uso de bolsas de plástico nas praias durante a noite meiga.

El Corte Inglés quere sumarse a esta campaña de sensibilización e, por iso, os días 22 e 23 de xuño, o supermercado de El Corte Inglés A Coruña, no canto de entregar as bolsas habituais, ofrecerá bolsas de cartón coa imaxe da campaña*, para sensibilizar sobre a problemática dos plásticos no mar. Non quedes sen a túa!

*As bolsas entregaranse por compra.

Categorías: Acción solidaria

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400